Servizo de información e referencia. Consulta de prensa e revistas
Servizo de información e referencia. Consulta de prensa e revistas

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector na resolución das súas necesidades informativas específicas.

A consulta pola tarde de periódicos e revistas que non sexan do día, haberá que solicitala, como mínimo, con 24 horas de antelación.

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

  1. Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas.

  2. Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo... As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), Internet etc.

As consultas aténdense:

  • Presencialmente, no mostrador da Sala de Referencia
  • Por teléfono chamando ao número 982828328
  • Por correo electrónico: biblio.publica.lugo@xunta.gal
  • Complementado este servizo de información e referencia, os usuarios poden dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado cooperativamente por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto. 

  3. Consulta de prensa e revistas:

As peticións de consulta aténdense:

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS