Servizo de reprodución de documentos
Fotocopiadora

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os usuarios/as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais etc.

O servizo de reprodución de documentos engloba:

  • Fotocopiadoras: a biblioteca pon a disposición do público 2 fotocopiadoras para a reprodución de documentos impresos. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. No caso de fotocopiar materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluídas deste servizo...

            As publicacións periódicas anteriores a 1976

            As obras anteriores a 1958

 

As fotocopiadoras son de autoservizo e están ubicadas no 2º andar a de cor e no andar da entrada a de branco e negro.

  • Impresoras: a biblioteca pon a disposición do público 2 impresoras para a reprodución en papel de arquivos de ordenador. As impresoras están ubicadas na sala xuvenil e sala infantilno. As impresiós solicitanse no mostrador ao persoal da biblioteca.

O custo da impresión en branco e negro por medio de fotocopiadora ou impresora é de 0,05 € por páxina. No caso de copias en cor é de 0,50 €