Obradoiros

Diferentes temáticas e para todas as idades

A Bilbioteca ofrece diferentes obradoiros para case todas as idades. Agora mesmo os obradoiros programados son:

- Obradoiro de introdución á Historia da Arte

Para público adulto, reuniranse todos os luns ás 17.00 h.

- Obradoiro de banda deseñada e debuxo

Para a rapazada de máis de 12 anos o ilustrador Yago García achegará aos asistentes todo o proceso de elaboración dun comic. Reuniranse os sábados en sesións de hora e media 

- Obradoiro de escritura creativa

Obradoiro de escritura creativa do Espazo Xove para persoas de 14 a 25 anos, reunións quincenais os mércores de 18.30 a 20.00 h

-Obradoiros da Sala Infantil

Obradoiros dirixidos a nenos e nenas de máis de 6 anos (obradoiros con diferentes temáticas ). Os xoves ás 18 h

* Para coñecer a programación dos obradoiros de forma detallada podedes consultar a Axenda da nosa páxina web