Acompáñanos a coñecer a biblioteca
Visitas guiadas

Realizamos visitas guiadas concertadas para adultos e nenos

A Biblioteca é un espazo público aberto a todo o que queira achegarse a ela e nos estamos encantados de ensinar o seu funcionamento. Por iso, se queredes coñecer as súas instalacións e todo o que ofrece, podedes anotarvos a esta actividade que realiza o persoal da biblioteca.

- Visitas para adultos : 

Os luns pola tarde de 16.00 a17.00 h. e os mércores pola mañá de 11.00 a 12.00 h

Máximo 15 persoas

Inscricións no mostrador de información do andar 0  ou no caso de ser un grupo, enviando un correo electrónico a bpou.direccion@xunta.gal para reservar a data.

- Visitas para grupos escolares: Teñen como obxectivo introducir aos nenos e nenas na biblioteca e todo o que ela lles pode ofrecer.

Facemos visitas escolares dous días a semana e os días e horarios serán concertados coa biblioteca

Os grupos deben ser dun máximo de 30 nenos e nenas e as visitas estarán adapatadas ás idades dos grupos

Incricións enviando un correo electrónico a bpou.direccion@xunta.gal para reservar a data.

* Calquera solicitude fóra destas condicións valoraranse individualmente.