10/09/2021
Ábrese o prazo para anotarse ás actividades continuadas da Biblioteca
A partir do luns 13 de setembro

O luns 13 de setembro abrimos o prazo para anotarse ás actividades continuadas da Biblioteca ao longo deste "curso" que son as que relacionamos a continuación: 

Club de lectura Luz de gas. Club de lectura de adultos. Reunións martes alternos ás 19:30. Comenzo o 5 de outubro.

 

Club de lectura Ágora. Club de lectura de adultos. Reunións venres alternos ás 18:00. Comenzo o 1 de outubro. COMPLETO!

 

Club de lectura en galego. Club de lectura de adultos. Reunións martes alternos ás 18:00. Comenzo o 5 de outubro.

 

Club de lectura de novela negra. Club de lectura para os amantes do xénero negro.

Reunións xoves alternos ás 17:00. Comenzo 7 de outubro

 

Club de debate Subir a por aire. Un club onde debatir e confrontar ideas para entender aos demais. Todos os xoves ás 19:00. Comenzo 7 de outubro

 

Club de escrita creativa do espazo Xove. Para persoas entre 14 e 25 anos. Mércores alternos ás 18:30

 

Club de cinema. Club para maiores de 16 anos aficionados ao cine. Coa colaboración do Cineclub Padre Feijoo. Martes alternos ás 19:00. Primeira reunión: 5 de outubro

 

Obradoiro de cómic. Obradoiro para aprender a crear cómics. Para maiores de 14 anos. Sábados alternos ás 11:30. Comenzo o 2 de outubro.

Se estades interesad@s en participar nalgunha delas podedes chamar ao 988 788385 en horario de apertura da Biblioteca. En caso de que as peticións superen ao número de prazas farase unha listaxe de agarda.