06/05/2020
Biblioteconecta
Programa de contidos bibliotecarios

BiblioTeConecta è un novo programa de contidos bibliotecarios no que participan as bibliotecas de Cádiz, La Rioja, Montijo e Ourense. Xorde con motivo do Día do Libro 2020 e nace coa idea de conectar aos membros da comunidade bibliotecaria, profesionais, usuarios, escritores, libreiros, editores e axentes da cultura. Neste primeiro programa falamos sobre un dos servizos fundamentais das bibliotecas: o préstamo, tanto na súa vertente física como en dixital, a través das plataformas eBiblio e Nubeteca. Analizamos algúns dos libros máis vendidos durante o ano 2020 e a súa repercusión no préstamo en dixital durante estes días de confinamento. A transformación dixital das bibliotecas e o cambio que tivemos que afrontar coa chegada sobre todo das redes sociais.