15/04/2021
Club de Cine Nós

Estamos ilusionados de presentar unha nova actividade en colaboración co Cineclub Padre Feijoo, O Club de Cine Nós.

O clube de cinema, á semellanza dos clubes de lectura, é un sistema sinxelo e efectivo de fomentar o cine, orientado neste caso por parte do Cineclube a determinadas filmografias, estilos ou mesmo directores/as da historia da sétima arte.

As sesións comezarán o día 27 de abril cun aforo limitado e é necesario facer inscricións previas nos seguintes enderezos de correos electrónicos:

bibli.publica.ourense@xunta.gal

cineclubepf@gmail.com

A posta en común serve para a aprendizaxe sobre o filme comentado, podendo trasladarse mediante a escritura, vídeo ou presentación do filme estudado, nas instalacións do Cineclube para unha audiencia xeral. Deste xeito créase unha sinerxia de colaboración e aprendizaxe educativa comúns, insertas nos propios principios fundacionais do Cineclube.

O funcionamento previsto temporalízase arredor dun filme por mes; cunha discusión e proposta do filme que explorar, tempo para a visión individual e a posterior xuntanza para a reflexión colectiva e  difusión pública do filme e dos resultados do debate.

Animádevos a participar!