Convocatoria para facer unha fotografía de grupo
14/10/2019
Despedida da Sala Infantil

As nosas compañeiras da Sala Infantil propóñenvos a todos/ as aqueles que formastes parte da "familia" da Biblioteca, que crecestes vindo a esta sala ou aínda o estades facendo, a achegarvos o xoves 17 ás 18.00 h. para facer unha foto que quede de recordo desta Sala e tamén a modo de despedida.

A idea é unha vez trasladados ao novo edificio repetir a foto coas novas instalacións.

Anímaste a vir?