18/10/2019
Día da Biblioteca

O 24 de outubro as Bibliotecas estamos de celebración.

Dende 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta conmemoración como recordo ao incendio da Biblioteca de Sarajevo durante o conflito dos Balcanes en 1992.

Esta celebración pretende concienciar a todos e todas da importancia da lectura e de ter uns servizos públicos bibliotecarios de calidade así como dar a coñecer e agradecer o traballo das Bibliotecas.

Este ano incorpórase o lema “Aptas para todos os públicos” destacando o labor das Bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.

Así que queremos invitarvos a participar nas diferentes actividades que temos programadas, estas son:

- Contacontos, “Contiños con Susana” o martes 22 ás 18,30 h.

- Concurso literario-fotográfico de Agasallo á Biblioteca (dende o 21 de outubro ao 2 de novembro)

- Sorteo, vémonos na próxima? O 24 de outubro sortearemos entre todos os usuari@s que leven algún documento en préstamo unha invitación dobre para asistir á inauguración do novo edificio da Biblioteca en San Francisco

- Reparto dun agasallo a cada usuari@ que leve en préstamo algún documento o 24 de outubro

- Contacontos para os máis pequenos a cargo de Ramiro Neira o 24 ás 18.00 h.

- Obradoiro Cre-activo “Xogando a pequenos e grandes artistas” para nenos de 6 a 12 anos o sábado 26

Podedes consultar toda a información sobre as actividades na Axenda