23/01/2020
Día da Ilustración
30 de xaneiro

O 30 de xaneiro é o Día da Ilustración, iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para potenciar este sector e situalo no lugar que lle corresponde. Esta data coincide co aniversario do nacemento de Castelao, gran debuxante ademais de político, escritor, pintor e médico. Este ano o autor homenaxeado é Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902 - Castro Caldelas, 1942), pintor, debuxante, ilustrador e escritor. A ilustradora do cartel deste ano é Xulia Pisón

Na Biblioteca Pública de Ourense imos celebralo cooas seguintes actividades:

-  Mostra Bibliográfica sobre Grandes Ilustradores

-  ÁS 18.00 h. Obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 a 10 anos a cargo de Fatiropina "Ilustrando un conto"

-  ÁS 19.00 h. Encontro co ilustrador Pablo Otero. Actividade para tódolos públicos a partir de 10 anos no que o autor achegará a súa experiencia, o que significa para el ilustrar e a Ilustración.  Despoís haberá un obradoiro de ilustración para todos os participantes