Actividades ao redor da ilustración
Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo. Actividade impartida por Yago García Rodríguez. Aprenderemos varias técnicas para superar o medo a unha folla en branco: SCAMPER ou Brainstorming, e outras non tan coñecidas pero igual de infalibles. Actividade para maiores de 12 anos e adultos. Sala da caixa de correos. Sábado 28 de xaneiro ás 11:30. Inscrición previa no 988 78 83 85.
Liñas que emocionan con Sabela Gago e Alba Fernández (ilustradora). A través do traballo previo con ilustracións contidas nos libros, música e expresión corporal, realizaremos unha ilustración que exprese as nosas emocións. Sábado 28 de xaneiro ás 12 h. Actividade para persoas de 6 a 11 anos. Inscricións por teléfono 988 78 83 85 desde o venres anterior.
Mostras
Pintando a vida. Mostra de libros ilustrados, álbums e debujos. Sala infantil . Do 23 de xaneiro ao 5 de febreiro.
Portadas ilustradas e algo máis. Mostra bibliográfica que selecciona, dentro do Espazo Xove, novelas con cubertas ilustradas, con ilustracións, así como outros libros divulgativos nos que a ilustración é especialmente importante no seu interior. Espazo xove. Do 26 de xaneiro ao 28 de febreiro.