20/04/2020
Día do Libro 2020
23 de abril

O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro e na Biblioteca queremos facelo con tres propostas diferentes e estaríamos encantadas de contar coa vosa participación:

- A Bibliotecaria recomenda

Cada día da semana @s traballadores da Biblioteca recomendarémosvos libros para diferentes idades e estilos.

- Confinados contigo

Queremos sacar ás redes os libros que temos con nós na casa e nos están acompañando neste "encerro". Tendes algún libro da Biblioteca na casa? 

Animádevos a mandar unha foto, un vídeo, un selfie ao correo da biblioteca: biblio.publica.ourense@xunta.gal ou a compartilo nas nosas redes sociais

#LibrosConfinados

 - Lembramos a ...

Con esta última proposta queremos facer unha pequena homenaxe a autores e autoras que nos deixaron este último ano

 

VÍDEOS RELACIONADOS

Contacontos de Sabela Gago para celebrar o Día do Libro