27/12/2021
Espazo CreOu
Novo espazo na Biblioteca para difundir a túa obra

A Biblioteca quere ofrecer un espazo estable para amosar as creacións de persoas que estean comezando na cidade no campo das artes, literatura, artesanía, no mundo dixital... Concíbese como unha pequena mostra para darse a coñecer.

Os obxectivos deste novo espazo serían: 

  • Colaborar na difusión das obras das persoas creadoras de Ourense cidade e provincia.
  • Apoiar a persoas creadoras que estean a comezar na nosa contorna.
  • Ofertar un espazo expositivo máis para a cidade.
  • Responder ás necesidades de persoas que non precisan de grandes medios para expoñer a súa obra.

Requisitos dos solicitantes:

  • Persoas físicas residentes en Ourense cidade ou provincia, maiores de 16 anos e que estean comezando no seu campo de creación, ben como profesionais, ben como afeccionados.
  • Persoas xurídicas (grupos, asociacións...) con sede en Ourense cidade ou provincia

Solicitudes:

Enviar curriculum, datos da obra e calquera outra información que se considera de interese ao enderezo de correo electrónico bpou.direccion@xunta.gal

*Máis información no documento xunto

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS