15/12/2021
Estreamos Club de lectura de cómic na Biblioteca

Queres comezar a ler cómic e non sabes que escoller? Gústache falar de cómic en non tes con quen? Desexas descubrir novas obras, sexan de agora ou de antes? Pois estás de noraboa porque aquí chega o club de lectura de cómic da Biblioteca Nós. 

Pero ollo: este non é un club tradicional onde todas as persoas participantes deban ler a mesma obra ao mesmo tempo. Ao contrario, optamos por unha modalidade temática seguindo o ronsel do club de lectura de cómic da Biblioteca Juan Compañel de Vigo. Así, cada mes imos propoñer un tema, e cada participante elexirá a obra que comentará na reunión posterior (e que debe levar á mesma). Nesta primeira sesión, que se celebrará o día 19 de xaneiro ás 19:00h, leremos cómics editados en 2020. 

Para guiarvos un pouco, deixamos ademáis unha selección de obras para o comezo do club tanto en dixital (na nosa conta de Calameo) como en físico no caixón do club que poremos na comicteca.  

Para persoas a partir de 14 anos. Tercer mércores de cada mes ás 19:00h. Inscricións na biblioteca ou chamando ao 988 788385