22/03/2021
Lotes na bebeteca para a lectura en familia
Nova opción de préstamo!

Xa dispoñibles para o Préstamo, Lotes na bebeteca.

Para facilitarvos a escolla dos diferentes materiais da bebeteca ( contos, libros informativos, audiovisuais.. ) preparamos lotes con lecturas para os vosos nenos e nenas , dende 0 ata 6 anos. Fixemos lotes con contos e libros informativos, por idades e tamén por temáticas atractivas: libros-xogo, de monstros, sobre bechos, arte e creatividade, libros de imaxes para buscar e atopar, para aprender hábitos ou escoitar música.... e moitos máis!!

Animádevos a levar algunha das bolsas!! 

Contades con dous lotes para nenos e nenas de 0 a 3 anos e outros dous para os 4 e 6 anos.

Un lote por familia de lector e en préstamo por 21 días.

Podedes solicitar o lote por teléfono, chamando aos números 988  788 387 / 988 788386 / 988788385 en horario de apertura da Biblioteca ou ben solicitándoos nos mostradores da planta 0.