07/05/2021
Nova Actividade
Club de narración

Temos nova actividade na Biblioteca, O Club de narración!!

Se che gusta contar historias, o mundo da narración ou tes ganas pero nunca te atreviches a dar o paso... este é o teu Club, un espazo no que xente non profesional poida reunirse con outras persoas co mesmo interese para, logo de expoñer a narración correspondente, compartir opinións. Reuniranse os primeiros sábados de cada mes (salvo a primeira reunión que será este sábado 8 de maio) ás 12.00 h e en sesións de hora e media.

As prazas son limitadas polo que é necesario a inscrición que pode facerse chamando ao teléfono 988 788385.