18/03/2021
Nova sección
Biblioteca Nós

No 2º andar da Biblioteca (no Fondo Local) podedes acceder a unha nova sección que reúne materiais sobre a xeración Nós e que tratan ou están escritos polos seus constituíntes: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Antón Losada Diéguez e Arturo Noguerol Buján. Esta "Biblioteca Nós" irá medrando con materiais doutros integrantes do grupo.