20/03/2020
Novidades en GaliciaLe
Ábrese o acceso ao público en xeral

 

Durante o estado de alarma e debido ao peche das bibliotecas e ao aumento na demanda dos servizos de préstamo electrónico, habilitouse un espazo en GaliciaLe (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) para que todos aqueles que non teñades carné de biblioteca poidades autorrexistrarvos e ter acceso ao servizo de préstamo dixital.

O prazo para que se achegarvos á biblioteca para obter o carné será de 30 días desde o remate da corentena.

Unha vez no autorexistro de GaliciaLe se non atopades a vosa localidade debedes seleccionar "Outra localidade" (só no caso de non atopala no desplegable) e no recadro final de "outras bibliotecas" deberás indicar a biblioteca a que queirades que se te vincule o teu carné.

Deixámosvos unha pequena guía que fixeron os nosos compañeiros da Biblioteca Pública da Coruña  na seguinte ligazón.