07/09/2021
Novo Obradoiro de escritura creativa do Espazo Xove

Teslle medo á folla en branco? Seméllate que escribes sempre do mesmo e non sabes como saír de ahí? Non és quen de rematar un relato? Tanto se simplemente andas na procura de novos temas e técnicas para deixar ir á túa imaxinación, como se xamais escribiches e non sabes por onde comezar, apúntate ao noso obradoiro de escritura creativa do Espazo Xove, dirixido a persoas entre 14 e 25 anos.

 

O que importa neste obradoiro non é o estilo, senón acostumarse a compoñer unha primeira idea que poder desenvolver posteriormente, a través de dinámicas e xogos que irán mudando de cada vez. 

As sesións comezarán o día 6 de outubro e continuarán os mércores cada 15 días, cunha duración aproximada de hora e media (de 18:30 a 20:00), ata o 18 maio.   

Prazas limitadas. Inscrición previa a partires do 13 de setembro chamando ao 988 788385 ou no mostrador do andar baixo da biblioteca.