02/10/2019
Programación de outono da Sala Infantil da Biblioteca

Este sábado 5 comenzan as actividades para nen@s e moz@s da Biblioteca.

Haberá contacontos con "Contiños con Susana" todos os martes, a Chiquiteca para os bebés de 0 a 3 anos xoves alternos e os sábados obradorios Cre-activos, de Cómic, de Ioga....

Todas elas precisan de inscrición previa que se poderá facer presencialmente ou chamando ao 988 788395. O prazo abrirase os luns anteriores a data de realización a partir das 12.00 h.

Pódese seguir toda a programación na sección da axenda da páxina web da biblioteca e nas nosas redes sociais.