22/06/2020
Reanudación de todos os servizos e novo horario de apertura

A partir do luns 22 de xuño a biblioteca reanuda todos os seus servizos con aforo limitado.

O acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño establece as medidas de prevención necesarias para seguir controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia dunha situación de crise sanitaria, por elo limítase o aforo das salas para garantir a distancia de seguridade. Só poderán usarse aqueles postos con cadeira e non está permitido movelas.

É obrigatorio o uso da máscara tanto para acceder á biblioteca como para circular polos espazos comúns donde non é posible gardar a distancia de seguridade.

Tamén será obrigatorio o seu uso (máscara) na lectura da prensa.

As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de empregar máscara pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene; ata os 7 anos deben estar sempre cunha persoa adulta.

É preferente o uso das escaleiras, salvo para persoas con mobilidade reducida ou maiores, usando as escaleiras centrais para subir e as laterais para baixar.

A ocupación máxima para o uso dos aseos é dunha persoa de cada vez.

Desaparece o formulario de préstamo e as citas previas, recomendamos usar preferentemente as máquinas de autopréstamo.

O acceso directo á colección está permitido.

 

 

 

O horario de apertura será:

- De luns a venres de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.

- Sábados de 10.00 a 14.00 h