31/10/2019
Traslado da Biblioteca

Como xa sabedes a Biblioteca está de traslado á nova ubicación no complexo de San Francisco e por este motivo pechará temporalmente as súas portas. O sábado 2 de novembro será o último día que a biblioteca permaneza aberta ao público ata a inauguración do novo edificio.

- Préstamos:

Se tedes algún libro en préstamo podedes devolvelo no "buzón" de devolución na entrada da biblioteca.

Se queredes facer algunha renovación dos préstamos podedes facelo vía web entrando na vosa conta do catálogo da rede de bibliotecas previa identificación ou chamando ao teléfono 988 788386 que seguirá operativo.

- Actividades:

Todas as actividades programadas realizaranse na sede do Espazo Xove (Casa da Xuventude)