05/01/2023
XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago
Ábrese o prazo para as votacións

A Biblioteca Pública de Ouresne Nós participa de novo no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes da cidade de Santiago de Compostela, así como aos de outras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:

* El amor en caso de emergencia de Daniela Krien (Ed.Grijalbo)

* La vida verdadera de Adeline Dieudonné (Ed. Salamandra)

* Llévame a casa de Jesús Carrasco (Ed. Seix Barral)

* O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras (Ed. Xerais)

* Volver la vista atrás de Juan Gabriel Vásquez (Ed. Alfaguara)

Esta novelas serán promocionadas como finalistas en librarías de Santiago, Logroño, Salamanca e Barcelona, nas bibliotecas da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como nos centros socio-culturais e comercios de Santiago. 

O xurado estará formado por dúas seccións:

Sección A: todos os residentes das cidades participantes.

Sección B: dez representantes de distintos estamentos sociais.

Cada sección terá un peso do 50% no cómputo total da votación.

Todas as persoas interesadas en participar como xurado neste premio literario poderán facelo votando entre o 9 e o 17 de xaneiro de 2023. Cada persoa pode emitir un só voto e por unha única obra.

A mostra bibliográfica con varios exemplares de cada unha das novelas finalistas está dispoñible no segundo andar da biblioteca durante o horario de apertura.