Fernando Delgado Guriarrán. Bebedeira de ensoños
06/06 - 06/09
Biblioteca Pública de Ourense
Exposición

Con carácter informativo e didáctico, a mostra divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, así como unha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia para esta exposición. Os paneis repasan a traxectoria vital e biográfica do autor homenaxeado, permitíndolle ao espectador asistir a unha rápida viaxe, rigorosa e amena, para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

A Exposición poderease visitar no horario habitual da Biblioteca no seu segundo andar.