XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22/12 - 25/04
Biblioteca Pública de Ourense

Outro ano máis participamos no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes de cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:

     • La postal de Anne Berest  (Lumen) 



    • Os seres queridos de Berta Dávila (Xerais) 



    • La ciudad de los vivos de Nicola Lagioia (Literatura Random House ) 



    • Obra maestra de Juan Tallón (Anagrama) 



    • Empezamos por el final de Chris Whitaker (Salamandra)

Esta novelas serán promocionadas como finalistas en librarías de Santiago, Logroño, Salamanca e Barcelona, nas bibliotecas da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como nos centros socio-culturais e comercios de Santiago.

O prazo para poder votar será do 12 ao 25 de abril e as persoas interesadas poderán facelo depositando o seu/s votos nunha caixa que deixaremos no primeiro andar.

A mostra bibliográfica conta con varios exemplares de cada unha das novelas finalistas está dispoñible no primeiro andar da biblioteca durante o horario de apertura. 

Animádevos coa súa lectura!!