A biblioteca

A actual sede da Biblioteca Pública de Ourense abriu as súas portas o 23 de decembro de 2019, anteriormente atopábase nun edificio da rúa Concello no centro da cidade (podedes consultar a información sobre a historia da Biblioteca no documento xunto).

A Biblioteca é un servizo dedicado a satisfacer as necesidades culturais, informativas, educativas e de ocio dos/as veciños/as ourensáns.

Queremos que a Biblioteca se converta nun espazo de encontro, participativo, plural e accesible a toda a cidadanía onde vós sodes o primeiro.

Aspiramos a formar comunidade cun espazo integrador, libre e gratuíto.