Doar documentos á biblioteca

Na biblioteca recollemos libros, música, cine ou outros documentos en bo estado e que non quedaxen desfasados. Interésannos principalmente obras literarias e calquera tipo de publicacións relacionadas con Ourense, a súa provincia e autores ourensáns. 

Al aceptar os donativos, a biblioteca busca completar o seu fondo, podendo así conseguir documentos descatalogados de moito interese, e renovarlo, xa que moitos dos donativos serven para repoñer libros ou outros documentos que temos deteriorados polo uso.

Documentos que sempre nos interesan:

1.Documentos anteriores a 1958

2. Documentos relacionados con Ourense ou provincia (revistas, xornais, carteis, folletos, postais ou libros sobre Ourense, publicados por autores orensáns, empresas ou institucións de Ourense, etc.)

3. Clásicos, literatura

4. Libros actuais de conocemento de distintas materias

5. Libros noutros idiomas

6, Obras literarias de lectura escolar obrigatoria (non libros escolares)

7, DVD, CDs, cómics

Documentos que non nos interesan (excepto os coincidentes có punto 1 e 2 anteriores):

1.Libros subraiados, rotos, sucios, etc.

2. Enciclopedias

3. VHS ou casetes

4. Libros escolares

Non podemos ir recollelos, polo que debedes entregalos na biblioteca. Lembrade que ao doalos renunciades aos dereitos sobre eles e esta doazón non conleva ningún tipo de contraprestación.

Unha vez recibidos, faremos unha selección do doado e, no caso de que por falta de espazo non os podamos engadir ao noso fondo, os distribuiremos entre outros colectivos ou institucións culturais.

Si tedes algunha dúbida ou consulta podedes dirixirvos a Rosa Díaz, directora da biblioteca, polos siguintes medios:

bpou.direccion@xunta.gal

988 21 07 00