Prestar e devolver documentos?

 Os préstamos faranse preferentemente empregando as máquinas de autopréstamo que hai repartidas por todo o edificio. Son moi sinxelas de manexar e podedes ver o videotutorial sobre o seu manexo ou preguntar ao persoal da biblioteca. A devolución dos préstamos farase igualemente nas máquinas de autopréstamo que hai en cada un dos andares da Biblioteca. 

Se tedes algún problema, acudide ao mostrador máis cercano.

Tamén se poden facer as devolucións na caixa de correo exterior situada na parte posterior da biblioteca e que está en funcionamento as 24 horas do día.  Deben meterse os documentos (libros, DVD...) de un en un e comprobar que aparezan na pantalla.