Usar a biblioteca?

A biblioteca é un centro cultural aberto e gratuíto para todo o mundo. Podes vir ler a prensa ou consultar libros. Tamén podes navegar por internet no teu dispositivo conectándote á nosa wifi ou usar os ordenadores dispoñibles ao público. Se o que queres é usar outros servizos como levar libros, cine ou música á casa, usar os nosos equipos de internet ou asistir a actividades, terás que obter o carné de persoa usuaria.