Proxecto Biosfera
Páxina web do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Contén unidades didácticas multimedia interactivas, ferramentas e recursos para as materias de Bioloxía e Xeoloxía no Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato que aproveitan as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.
CER.ES (Colecciones en Red)
Esta páxina presenta un método didáctico práctico, baseado no entretemento, para ensinar e aprender xogando matemáticas, inglés, xeografía...
Oficina de Seguridad del Internauta
A través desta web, a Oficina de Seguridad del Internauta (OSI) de INCIBE proporciona a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden existir ao navegar por Internet.
Europa Kids
Páxina da Unión Europea que contén xogos, vídeos e debuxos animados e, ao mesmo tempo, informa aos nenos e nenas sobre os seus dereitos.
Infancia e tecnoloxía
Páxina que ten por obxectivo un uso responsable das TIC por parte dos nenos e nenas.
El huevo de chocolate
Páxina web para os máis pequenos na que se recollen contos, tradicións, fábulas, cancións, adiviñas, trabalinguas, panxoliñas, refráns, xogos etc.
Biblioteca Escolar Digital (BED)
A Biblioteca Escolar Digital do Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ten como obxectivo ser unha ferramenta útil para todas as persoas interesadas no uso e a incorporación das TIC na educación.
Chaval.es
Iniciativa da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (Minetur) que ten como obxectivo superar a brecha dixital entre pais, nais e educadores respecto ao avance dos menores e adolescentes no uso das TIC.
ESA Kids
Páxina web da Axencia Espacial Europea que contén xogos sobre astronomía, novas etc. dirixidas aos cativos e cativas.