As nosas coleccións

A colección da biblioteca está destinada a servir recursos para a formación, a información e o ocio da comunidade que accede a ela. Confórmana todo tipo de materiais procedentes de compras e doazóns, tanto de institucións como particulares.  

Como é vocación das bibliotecas públicas, a maioría dos documentos están en acceso libre e organizados por materias, aínda que a gran cantidade de fondo obriga a que unha parte deste estea no depósito. Nos últimos anos as bibliotecas públicas incorporamos, ademais, un catálogo de libros electrónicos (GaliciaLe) accesibles dende as nosas web.

O noso propósito é manter unha colección constantemente actualizada e que sirva a distintos intereses dentro dos xa mencionados obxectivos de ocio, formación e información. Podes colaborar coa biblioteca participando na formación do fondo por medio das Solicitudes de compra (desideratas) ou dos donativos.

Ademais do fondo propio da nosa biblioteca, ao formar parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, o número de documentos aos que os nosos lectores poden acceder a través do Servizo de préstamo intrabibliotecario medra exponencialmente.

Algunhas seccións a destacar son:

Fondo Local

A sección Fondo local sitúase no segundo andar da Biblitoeca e reúne toda a información relacionada con Ourense e provincia así como as obras publicadas en Ourense e de autores ourensáns.

Os seus fondos están clasificados igual que o resto da biblioteca por materias e tamén ten un apartado para as obras de ficción (narrativa), poesía, teatro ...

Hemeroteca

Sección de prensa e publicacións periódicas, situada no primeiro andar da Biblioteca está formada por:

  •  Prensa local e rexional
  •  Periódicos de distribución nacional
  •  Algúns títulos de diarios económicos
  •  Algús títulos representativos da prensa extranxeira
  •   Semanarios de información general, suplementos semanales, etc.
  •   Revistas especializadas de todas as materias: literatura, arte, arquitectura, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.
  •   Revistas de temas locais e rexionais
  •   Boletín Oficial do Estado (BOE). Actualmente en línea. Conservamos en papel La Gaceta de Madrid.
  •   Diario Oficial de Galicia (DOG). Actualmente en línea. Conservamos en papel dende 1981 hata 1991. 
  •   Boletín Oficial da Provincia (BOP). Dende os seus inicios en papel. Actualmente en línea.
  •   Repertorios de Lexislación 

Todas as revistas prestables da Biblioteca a día de hoxe poden consultarse aquí .

As revistas pódense levar en préstamo (agás o último número) por un prazo de 7 días prorrogableas por outros 7 e cun máximo de 3 números.

Espazo Xove

O “Espazo Xove” da BPOU é a sección da biblioteca dirixida a satisfacer as necesidades específicas de información, formación e ocio dun público xuvenil entre os  14 anos e a vintena. Atópase na planta baixa, a carón da Comicteca.

A colección inclúe tanto obras de ficción como divulgativas e/ou de axuda ó estudio, lecturas escolares, guías para preparar a selectividade, revistas e xogos. Mantén maiormente o sistema de signaturalización dos libros de adultos e os exemplares están destacados cun adhesivo azul no lombo.

Os bloques nos que se divide o “Espazo Xove” son:

Cómic (COM). Obras que serven de ponte entre a comicteca infantil e a de adultos.  

Ficción. Conto (C), Poesía (P), Teatro (T) e Novela (N). Organizadas polo país de orixe dos autores e/ou autoras.

Dicionarios (DIC). É posible o préstamo a domicilio dalgúns dos exemplares dispoñibles.

Divulgación e axuda ós estudios. Seguen a Clasificación Decimal Universal (CDU) e abordan todo tipo de temas.

Guías para a selectividade (SEL). Monográficos anuais por materias que serven de apoio á preparación desta proba.

“Recuncho de xogos”. Subsección adicada ós xogos de mesa, xogos de rol e videoxogos. Os usuarios e usuarias poderán acceder tanto ós xogos en sí como a bibliografía relacionada. Moi pronto estarán tamén dispoñibles unha serie de videoconsolas e ordenadores con videoxogos preinstalados seleccionados específicamente polo noso persoal.

Comicteca

A comicteca é o espazo da biblioteca no que se atopa unha ampla colección de cómics e libros sobre o mundo da banda deseñada, dirixidos principalmente a un público maior de 14 anos, sen perxuizo de que moitas destas obras poidan ser desfrutadas por tod@s. Sitúase na planta baixa da biblioteca ao carón do Espazo Xove.

O fondo trata de ser o máis variado posible ó amosar as diversas maneiras de facer cómic. Éstas veñen representadas nas diferentes escolas, así como na multitude de temáticas, épocas, nacionalidades (e polo tanto realidades) ou estilos. En canto á tipoloxía documental, abarca os cómics propiamente ditos, fanzines, libros sobre teoría do cómic, catálogos de exposicións, monográficos sobre a arte dun historietista e revistas.

A comicteca está dividida en varias seccións, na maior parte dos casos relaciondas coa orixe da autoría das obras, cada unha delas destacada por unha cor:

- COM(PUB). Obras sobre historia e teoría do cómic, técnica de debuxo para o cómic, monografías sobre autor@s, catálogos, etc.

- COM(ES-gal). Obras de autoría galega. As obras de fondo local tamén están incluidas aquí destacadas co adhesivo FL.

- COM(ES). Obras de autoría española e hispanoamericana.

- COM(EUR). Obras de autoría europea ou que seguen a tradición da escola europea (Canadá, Israel, Turquía...)

- COM(EU). Obras de autoría estadounidense ou editadas por selos editoriais deste país.

- MANGA. Obras de autoría asiática ou que seguen a estética característica dos cómics asiáticos.

- COM(S). Obras nas que os protagonistas son superheroes, sen importar a nacionalidade das autorías.

A maiores contamos con:

- Novidades. Expositor no que destacamos as novidades dos últimos meses

- Obras de autorías consideradas clásicas. Manteñen a clasificación principal e destácanse por unha estreliña

- Obras de autorías consideradas clásicas. Manteñen a clasificación pricipal e destácanse por unha estreliña amarela no lombo.

- Fanzines. Obras autoeditadas, ou editadas por unha editorial moi pequena, de autorías noveis. Manteñen a clasificación principal pero sustituindo o COM por FAN.

Sección Infantil e Xuvenil

Sección destinada exclusivamente aos nenos, nenas e aos seus acompañantes. Os/as menores de 7 anos deben vir sempre acompañados, hai que coidalos moito e aprenderlles a comportarse. 

Dentro da sala temos un espazo destinado aos máis pequenos (menores de 5 anos)

A colección infantil clasifícase por idades, identificadas con cores. Estas cores son soamente orientativas xa que quen decide é o nenos ou nena. Son os seguintes:.

·   Azul: 0 a 5 anos (Bebeteca)

·   Vermello: 6 a 8 anos

·   Verde: 9 a 11 anos

·   Amarelo: 11 a 14 anos

Tamén contamos cun Recuncho de nais e pais con libros e revistas sobre educación infantil e outros temas relacionados.

Ademais das obras de creación atoparás libros informativos clasificados con números que se corresponden coas diferentes materias, documentos sonoros, audiovisuais, xogos de ordenador e de consolas, revistas, et

Podedes atopar máis información sobre esta sección no apartado Infantil e Xuvenil desta páxina web.

Sección de Música

O centro de interese de Música, situado no andar 1, recolle todos os documentos relativos á música, os diferentes estilos, a historia, as biografías de músicos, a técnica musical, instrumentos... Ademais as obras musicais están divididas por estilos: clásica, folk, rock, jazz, etc.

Sección de cine

O centro de interese de Cine (andar 1) recolle todos os documentos relativos ao cine: a historia, os estilos, os autores, as técnicas..., ademais de as obras cinematográficas.

As obras cinematográficas, están constituídas por cine e series en dvd e blu-ray.

Co fin de poder ver unha evolución ao longo do tempo dende as orixes do cine, están clasificadas do seguinte xeito:

1º décadas (191-, 192-, 193-…)

2º países (ES, EU, IT…)

3º directores

Os documentos teñen, tamén, unas iconas que identifican distintos xéneros como terror, ciencia ficción, negro, etc.

Obras literarias. Novela, relatos (conto), poesía, teatro.

Este fondo atópase no primeiro andar da Biblioteca. As novelas aparecen clasificadas por países e dentro destes por autor. Podemos distinguir tres grandes bloques: novelas en galego, novelas en castelán e novelas estranxeiras. Pódense atopar tamén moitas obras no seu idioma orixinal.

Contamos, ademáis con outras grandes seccións:

Libros de viaxes

Ensaio

Memorias

Biografías

Artigos

Correspondencia

Refráns, etc

Biblioteca Accesible

Esta colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Forman parte dela:

·   Libros de lectura fácil. Libros elaborados con especial coidado para poder ser lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión. O público ao que se dirixe é: persoas xordas de nacemento ou con xordeira precoz, con algunha discapacidade psíquica e a persoas con outras doenzas como dislexia, autismo, afasia...Tamén están indicados para inmigrantes recentes.

·   Libros en Letra Grande. Presentan unha letra máis grande do habitual e diríxense a persoas maiores e persoas con dificultade de visión.

·   Libros temáticos sobre discapacidade.

·   Libros informativos relativos a lexislación sobre discapacidade, formación laboral, inserción, organizacións, dicionarios en linguaxe de signos, etc. Diríxense a persoas discapacitadas, ás súas familias e a persoas que desenvolven a súa actividade laboral con eles.

·   Audiolibros

·   Libros en formato CD ou DVD. Diríxense a un público amplo: persoas con dificultades de visión, persoas maiores, inmigrantes, persoas sen hábito de lectura, etc. DVD e vídeos. Principalmente en Lingua de Signos.

·   Recursos electrónicos. CD-ROM multimedia con xogos para persoas con algunha discapacidade cognitiva. Diríxense a persoas con algunha discapacidade psíquica ou con outras doenzas como autismo, afasia, Asperger ...

Lingoas e métodos de idiomas

As obras sobre Lingüística e linguas en xeral levan unha signatura que comeza por 80 e 81.

A biblioteca tamén dispón dun crecente número de obras de aprendizaxe de distintos idiomas.

Guias de viaxes

Este centro de interese reúne os documentos relativos a viaxes: as descricións de viaxes, as guías turísticas, as rutas, os mapas e planos.

Están todos en libre acceso e clasificados por continentes e países.

Libros informativos

Documentos de non ficción clasificados pola C.D.U. (Clasificación Decimal Universal), con números do 0 ao 9. Os que non se prestan están sinalados cun punto vermello.

Os números correspóndense coas seguintes temáticas xerais:

·   0 Xeralidades

·   1 Filosofía, psicoloxía

·   2 Relixión

·   3 Ciencias sociais

·   5 Ciencias puras

·   6 Ciencias aplicadas

·   7 Arte

·   9 Xeografía e historia

Formando parte fundamental do noso fondo e como unha das función primordiais das Bibliotecas Públicas, a biblioteca recibe tamén o Depósito legal de Ourense, que ten a obriga de conservar.