GaliciaLe
Plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas nas que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
Banco de Contidos de Planeta
É o maior banco de contidos dixitais en lingua española. Dirixido tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil, conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai deste recurso un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana)
Galiciana ten por obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices internacionais e nacionais. A súa misión, preservar e difundir de xeito virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
Europeana
Punto de acceso único a milleiros de recursos dixitais de arquivos, museos, bibliotecas e coleccións audiovisuais europeas coa contribución de máis de 2.200 institucións.
Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela (Minerva)
Repositorio institucional da USC que da acceso as súas coleccións bibliográficas dixitalizadas e á produción investigadora e docente dos seus membros.
Repositorio da Universidade da Coruña (RUC)
Repositorio institucional da UDC que recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC.
Biblioteca Virtual Galega
Proxecto realizado pola Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua e literatura galega.
Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego
Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).
Carteis de Galicia
Colección de carteis depositados na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Nela pódense consultar carteis dende o ano 1958 ao 2011.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega
Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.