Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural,  converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:

Sala de traballo en grupo

A biblioteca conta con 1 sala de traballo en grupo a disposición de quen precise utilizala para reunirse, facer traballos etc. e sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro.

A sala está ubicada no 2º andar e conta con 15 postos. A sala está equipada ademáis cun pc, un proxector, pantalla de proxección e pizarra.

Para gozar deste servizo tan só é preciso que, como mínimo, sexan dúas as persoas que vaian facer uso da sala presencial ou telemáticamente.

A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:

- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderezo: bpou.direccion@xunta.gal

- Solicitándoa por teléfono ou presencialmente á dirección do centro.

A cesión da sala estará supeditada á realización das actividades da propia biblioteca.

Salón de actos

O salón de actos cunha capacidade de 110 postos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que quera utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).

A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:

- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderezo: bpou.direccion@xunta.gal

- Cubrindo o formulario de reserva de instalacións 

A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o seguinte documento asinado:

Compromiso cesión dun espazo da biblioteca (PDF)

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institucións solicitantes reúnen os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.

Uso de outras instalacións da biblioteca

A biblioteca tamén pon a disposición de entidades ou asociacións os seus espazos para realizar actividades de difusión e colaborar con programas e campañas de interese social, ecolóxico, cívico ou cultural entre os cidadáns.

A solicitude pode facerse por calquera das seguintes vías:

- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderezo: bpou.direccion@xunta.gal

- Cubrindo o formulario de reserva de instalacións 

 A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o seguinte documento orixinal asinado:

Compromiso cesión dun espazo da biblioteca (PDF)

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institucións solicitantes reúnen os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

PREGUNTAS FRECUENTES