Servizo de acceso á Internet e ofimática
Como conectarte á Wifi

A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

O servizo de acceso á Internet e ofimática engloba:

Conexión wifi

A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.

O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca só require darse de alta a primeira vez  e  non ten limitacións no tempo de conexión.

A utilización deste servizo conleva un uso responsable do mesmo respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.

Premede aquí para ver os pasos a seguir
 

Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas

Os postos de ordenadores con conexión á Internet e ferramentas ofimáticas, xestionadas polo sistema RADIUS, distribúense do seguinte xeito:

        1 equipo na Sala Infantl (planta baixa)

        5 equipos no Espazo Xove (planta baixa)

        11 equipos no 1º andar

        5 equipos no 2º andar

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:

  • Para o acceso a este servizo hai que estar dado de alta na plataforma Radius. 
  • Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado.
  • O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 1 hora e 30 minutos diarios.
  • Por motivos de seguridade os usuarios non poden instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. 
  • Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao programa gratuíto Open Office. A persoa usuaria pode imprimir os seus documentos cun custo de 5 céntimos por páxina ou gardalos nunha memoria USB aportada por ela.
  • Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CDs e DVDs particulares ou da biblioteca así como memorias USB particulares.
  • No uso dos recursos dá Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a  lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A biblioteca non se fai responsable en ningún caso dá información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
  • Pódense imprimir ou gardar as buscas en diversos soportes, respetando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. O custo da impresión é de 5 céntimos por páxina.