Servizo de consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

Os materiais obxecto de consulta son todos aqueles non prestables que se atopan nas salas de lectura cun punto vermello ou ben no depósito co acceso restrinxido como:

  • Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
  • Fondos especiais: obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
  • Fondo patrimonial
  • Prensa histórica e revistas dixitalizadas

O acceso aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da biblioteca requerirá a presentación previa dunha petición por escrito por parte do usuario dirixida á dirección da biblioteca. Nela se indicarán os motivos polos que se solicita a súa consulta. A autorización estará suxeita a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais solicitados.  

A biblioteca tamén pon a disposición dos usuarios os medios necesarios (postos de lectura e/ou lectores de son, audiovisuais e de microfichas etc.) para que as persoas que o desexen tamén poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo. 

Así mesmo, poderán solicitarse materiais doutras bibliotecas para a súa consulta nas mesmas condicións.