Servizo de préstamo

O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.

Mediante o servizo de préstamo o lector pode gozar da colección fóra das instalacións da propia biblioteca sen necesidade de acudir a ela, nin aterse aos horarios de apertura da mesma.

Se o material solicitado non se atopa nin na biblioteca nin no resto de bibliotecas da Rede, o usuario pode facer unha suxestión de compra que será valorada polo centro.

Requisitos

Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné de lector, válido para todas as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

- Biblioteca Pública de Lugo

Biblioteca Pública de Ourense

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Ademáis do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:

- Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe

- Á Biblioteca Dixital da Rede.

- Á páxina  personalizada  do catálogo onde  o usuario pode   renovar  os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios...

- Ao servizo de Internet.

Para obter o carné, tan só é preciso:

- Cumprimentar o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da rede ou facelo presencialmente en calquera destes centros e aportar unha foto tamaño carné.

- Mostrar o DNI ou o pasaporte para recoller o carné.

- No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pais, titores) responsable do menor.

- Se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.

O carné de lector é gratuíto, persoal e intransferible. Unicamente poderá cederse a outro usuario no caso de que a persoa interesada non poida acudir á biblioteca. Previamente deberá cumprimentar un formulario (accesible na web e na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materiais en préstamo con el.  Esta autorización terá unha validez dun ano.

Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto...) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de comunicacións.

A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda. Neste último caso é preciso cumprimentar unha nova solicitude.   

Modalidades de préstamo

A biblioteca ofrece o servizo de préstamo baixo as seguintes modalidades:  

- Préstamo persoal a domicilio: realízase directa e individualmente a cada usuario da biblioteca.

Adultos

O total de préstamos co carné de adulto é de 10 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais de adultos e infantís.

Infantil

O total de préstamos co carné infantil é de 10 por persoa.

A biblioteca proporciona, ademáis, a posibilidade de levar en préstamo aqueles documentos que non se atopen entre os fondos do centro pero si nalgunha das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Biblioteca Pública de Lugo

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

A Biblioteca Pública Municipal de Ferrol tamén participa neste servizo.

O lector pode localizar o título do seu interese no catálogo colectivo destas bibliotecas e solicitalo presencialmente en calquera dos mostradores da biblioteca.
 

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1. No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie etc.), poderán solicitarse ata un máximo de tres documentos.

O prazo de recepción do material solicitado soe ser de 2 ou 3 días. Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto co lector para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento o lector disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 3 días sen préstamo.

Os prazos de devolución, as renovacións etc. son comúns para toda a rede de bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia na que se inclúe a Biblioteca Pública de Ourense.

 

Préstamo interbibliotecario:

O préstamo interbibliotecario é un servizo que facilita ao lector o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.

A Biblioteca... encargarase de localizar a obra e de solicitala á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada etc.). A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da Biblioteca a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.

O lector poderá solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario por calquera das seguintes vías:

- Presencialmente, nos mostradores da biblioteca cubrindo un impreso de solicitude

- A través do formulario web.

- Por correo electrónico en:  bpou.prestamo.interbibliotecario@xunta.gal  (só no caso de solicitudes doutras bibliotecas)

Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario.

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.

O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, método de envío...). Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto co lector para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento o lector disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 3 días sen préstamo.

Préstamo colectivo a entidades:

Este é un servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos.

O director ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo o formulario para solicitar o carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable.

O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 30.
 

Renovacións

Os materiais prestados pódense renovar desde o día seguinte ao da realización do mesmo:

- Por teléfono no 988 78 83 86

- Na propia biblioteca en calquera dos mostradores

-Vía web entrando no catálogo da biblioteca previa identificación co número de lector e un contrasinal (por defecto, o ano de nacemento). A renovación web só é posible se a obra non está reservada por outro lector.

Reservas

Se o lector quere levar en préstamo un exemplar que está prestado, pode facer unha reserva na propia biblioteca. Este servizo é de aplicación sempre e cando o material estea prestado. O número máximo de reservas por lector é de 3  para libros e revistas e 2 para outros materiais.

O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que o usuario é avisado.

Devolucións

O material prestado poderá devolverse:

- En calquera dos mostradores da biblioteca.

- Na caixa de correo situada no exterior das instalacións da biblioteca. Esta opción permite facer a devolución fóra do horario de apertura da biblioteca. Os documentos serán devoltos no primeiro momento posible.

Sancións

O incumprimento dos prazos de préstamo dará lugar a unha sanción de 1 día sen préstamo por día e documento adiado. Se o documento non se devolve á biblioteca, o carné do usuario quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da rede.

En caso de deterioro dun documento por parte dun usuario, o persoal da biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón. Se non, o usuario deberá repoñelo.

En caso de perda dun documento por parte dun usuario, este deberá repoñelo.

Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado, o persoal da biblioteca proporá un título alternativo. Mentres, o usuario non poderá levar ningún material en préstamo.