Servizo de reprodución de documentos

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en  materia de propiedade intelectual, os usuarios/as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais etc.

O servizo de reprodución de documentos engloba:

- Fotocopiadoras: a biblioteca pon a disposición do público 1 fotocopiadora para a reprodución de documentos impresos. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. No caso de fotocopiar materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluídas deste servizo publicacións periódicas encuadernadas, materiais anteriores a 1958, materiais delicados, ou os que así determine a biblioteca.

A fotocopiadora é de autoservizo. Funciona con moedas e é en branco e negro. Está ubicada no 3º andar.

- Impresoras: a biblioteca pon a disposición do público 1 impresora para a reprodución en papel de arquivos de ordenador. Esta impresora está ubicada no 1º andar.

- Escáners: a biblioteca pon a disposición do público 1 escáner para a conversión de documentos impresos a formato dixital. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. No caso de fotocopiar materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluídas deste servizo as publicacións periódicas encuadernadas, materiais anteriores a 1958, materiais delicados, ou os que así determine a biblioteca.

O escáner está situado xunto coa impresora no 1º andar.

O custo da impresión en branco e negro por medio de fotocopiadora ou impresora é de 5 cms. por páxina. No caso de copias en cor é de 50 céntimos por páxina.