Como podo facer unha consulta de fondos de acceso restrinxido?

Para acceder este servizo hai que ter o carné da biblioteca, non se permite a consulta fondos dixitalizados que se atopen en libre acceso en liña. Para consultar fondos patrimoniais é necesario ser investigador/a acreditado/a.

As peticións deben facerse como mínimo 3 días hábiles antes da súa consulta a través das seguintes vías:

a) a través deste formulario web

b) de xeito presencial no mostrador do segundo andar enchendo o "Formulario de solicitude de consulta de fondos de acceso restrinxido"

A biblioteca porase en contacto contigo para comunicarche se o acceso ao fondo foi autorizado.

Máis información