A Biblioteca Pública de Pontevedra, dentro do programa de Voluntariado nas Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova etapa dos cursos de filosofía a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Catedrático de Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.
Asistencia e colaboración con eventos culturais
A asistencia e colaboración con diferentes eventos culturais que se celebran na cidade de Pontevedra.
Conxunto de actividades de tipo cultural, que se levan a cabo na biblioteca entre as que están as mostras bibliográficas e exposicións e diversos actos.
Actividades dirixidas que pretenden axudar aos participantes a completar a súa formación en diferentes campos: idiomas, ofimática e navegación por internet, filosofía...
Reunións periódicas dun grupo estable de persoas para comentar unha mesma lectura, que presta a biblioteca e que len antes da reunión.
Actividades encamiñadas a achegar a biblioteca aos usuarios, por medio de visitas e de xornadas de formación nas distintas ferramentas, servizos e fondos que a biblioteca ofrece.