Pasaporte de Lectura Das Letras Galegas 2020

 

Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2020”?

É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

 

Que teño que facer?

Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

 

Canto dura a actividade?

Dende o 5 de marzo ata o 1de maio poderanse levar os libros en préstamo (nesta edición ampliaremos os prazos debido a corentena)

 

Que fago cando complete o "Pasaporte"?

Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.

 

Cantos pasaportes podo completar?

Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se queiran.

 

Ler ten premio?

Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.