30/03/2020
Acceso temporal a GaliciaLe para persoas sen carné

Sabías que a Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras?

A través de GaliciaLe poderás acceder a todos os contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Rexístrate e, coas claves que recibas, accederás a GaliciaLe (eBiblio Galicia e catálogo galego). Cando remate a corentena, terás 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando da plataforma.