AVISOS
25/09/2018
Axúdanos a mellorar a colección
A Biblioteca Pública de Pontevedra pon a disposición dos seus usuarios o correo electrónico coleccion.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal

 

Neste correo podes aconsellarnos libros, películas, etc. que coñeces e pensas que enriquecerían a nosa colección, ou que poden gustarlles a outros usuarios.

 

Se o queres é pedir un material que desexas consultar, tes que facer unha suxestión de compra a través da túa conta persoal do catálogo.