Non importa se es un avezado lector de banda deseña ou un neófito neste xénero, este Club emerxe para mostrarte algunhas das obras capitais nas que mergullarte cos ollos nas cores de historias fantásticas e fábulas terribles, descubrilos relatos de heroes imposibles e mulleres reais, escudriñar os sentimentos nos ollos dunha nena ou o ceo infinito dun planeta imaxinario.
Sete obras que viaxan a través dun arte que leva máis de cen anos amosándonos como contar unha historia con algo máis que verbas e algo máis que imaxes.
-Publico xuvenil e adulto a partir de 16 anos
-Data e hora: Primeira sesión xoves 24 de novembro ás 19:30. (1 sesión ao mes ata xuño).Cronograma
-Inscrición previa a partir do 2 de novembro