09/09/2022
Clubs de lectura 2022-2023

O día 15 de setembro as 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os  clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:

  • De xeito presencial o día 15 a partir das 9:00 h
  • A través de formulario a partir do día 16 ás 9:00 h ata o día 21 ás 21:00 h

Este ano contaremos con catro clubs

  • Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.
  • Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
  • Francés : martes alternos de 19 a 20 h
  • Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.

É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club

Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro

As inscricións son persoais. Con todo, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo

A  participación no club conleva  a aceptación dunhas normas básicas.