AVISOS
19/03/2018
Normas de acceso aos contacontos dirixidos a nenos/as maiores de 3 anos
-
  • Os contacontos da biblioteca teñen lugar na Sala de obradoiros, a capacidade desta sala é de 50 persoas. Por motivos de seguridade non se permitirá o acceso a un número superior de persoas.
  • Estas actividades van dirixidas aos nenos/as, polo que terán sempre preferencia de acceso frente aos adultos. Poderán acceder adultos á sala por orde de chegada, unha vez que todos os nenos/as estean no interior.
  • É importante lembrar aos pais que non deben acudir á actividade con nenos/as de inferior idade á que vai dirixida a mesma.
  • Estas son as normas da Sala de obradoiros