29/11/2018
NOVAS NORMAS DO DEPÓSITO DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

A PARTIR DO MARTES 11 DE DECEMBRO

Os sábados o depósito estará pechado. Para consultar e levar en préstamo algún material de depósito o sábado, haberá que facer o pedido o venres antes das 19.00 h. Este pedido poderá facerse de xeito presencial no mostrador de préstamo ou chamando ao número de teléfono 886 159 252 .

HORARIO DEPÓSITO

LUNS A VENRES: DE 9.00 A 20.30 h.

SÁBADOS: PECHADO

 

CONDICIÓNS ESPECIAIS PARA A CONSULTA DE FONDO ANTIGO, MATERIAIS ANTERIORES AO ANO 1958 E PRENSA ANTERIOR AO ANO 1995

A consulta destes fondos requirirá de autorización e a petición deberá facerse como mínimo tres días hábiles antes.

Esta petición poderá facerse a través do correo biblio.publica.pontevedra@xunta.gal, indicando os datos da publicación e a finalidade da consulta, ou ben no mostrador de préstamo da 2ª planta cubrindo o formulario pertinente.

Unha vez estudada a petición, a biblioteca porase en contacto co solicitante.