13/03/2020
PECHE DOS CENTROS DA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

Debido á situación excepcional na que nos atopamos, os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia permanecerán pechados durante os días nos que estea en vigor o estado de alarma.

Todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución.

Un cordial saúdo.