O servizo de novas da Biblioteca muda a partir do vindeiro mes de outubro, desaparecendo o anterior sistema de correos que enviábamos. Polo que se desexas seguir recibindo ou empezar a recibir información da biblioteca é necesario que te susbcribas ao novo boletín de novas no seguinte formulario. Unha vez cuberto recibirás un mail cunha ligazón de confirmación sobre a que deberás premer para comezar a facer uso do servizo.
A través do boletín de novas recibirás a programación das actividades da biblioteca e outras informacións puntuais (cambios de horarios, novos servizos, peches temporais de servizos...)
As persoas que recibían esta información no seu correo deixarán de recibila se non se subscriben ao boletín.