Bicho á vista!
15 de Novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Sesión de contacontos con Raquel Queizás
Uns bichos existen e outros non, pero todos moran na imaxinación. Percorrendo as pegadas dunha nena especial e singular, un bicho devorador de libros, coñeceremos como viven, por que son como son, que senten moitos bichos e animais que habitan o planeta. 
 
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.