O día 13 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:
De xeito presencial o día 13 a partir das 9:00 h
A través de formulario a partir do día 14 ás 9:00 h ata o día 30 ás 21:00 h
Este ano contaremos con cinco clubs:
É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club.
Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.
As inscricións son persoais. Con todo, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo.
A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.